Aviso para todos os nosos usuarios: non poñades URLs no asunto das mensaxes que enviedes a outros usuarios xa que as novas medidas de seguridade que temos no servidor tratan iso como algo sospeitoso. Ese debía ser o problema que tiña o noso usuario kisote e do que nos avisou hai uns días. Grazas de novo a el por dar coa identificación precisa do problema.
Latest Updates RSS
-
etiqueteiro
-
etiqueteiro
Hai un par de días recibimos un aviso do usuario kisote (grazas, ho!) de que se estaban a producir problemas co envío das mensaxes entre usuarios. De seguro ten que ver coas múltiplas incidencias que vimos sufrindo desque Dinahosting modificou o software base do noso servidor. nos vindeiros días hase incorporar un novo técnico a traballar connosco e esperamos que nos poida axudar a amañar todos estes desperfectos que esa actualización causou.
Por outra banda vimos de detectar un usuario que semella ser un bot ou algo parecido e que baixo o nome de fiddle e cun portugués moi marciano que soa a tradución trapalleiro-automática, di cousas como a que copiamos enbaixo:
Querido, tipo respecto, estou Fidel, por favor, gentilmente permitir meu contacto con vostede a través deste medio que me vexo obrigado a contacto a través deste medio, por razóns óbvias que vai entender cando discutir pormenores da miña proposta. Por favor, eu gosto de terá que responder-me a través do meu mail ([enderezo-agachado]@yahoo.com), de modo que coñecemos moi ben uns aos outros, estou ansioso para a súa confirmación positiva para permitir que nós temos unha importante discusión, o que ha comezar a partir de hai que incluír a miña introdución, vou enviar as miñas fotos máis tarde. Grazas e Deus te abençoe, Fidelidade. [enderezo-agachado]@yahoo.com
Xúrovos que como non melloren a tradución non sei que carallo me vende. Eu desde logo non estou pero nada interesado nas fotos dun tal Fidel ou Violino ou como carallo se chame

-
etiqueteiro
Polo visto o anterior xestor etiqueteiro tivo algún despiste e atópome eu agora con que había algunhas solicitudes de baixa sen procesar. Prégovos desculpas aos afectados e veremos de levar máis ao día a atención do e-mail de xestión.
-
etiqueteiro
Hoxe, realizando un cálculo dos tiques de usuario fóra dos programados periodicamente, detectamos que algúns usuarios moi espilidos aprenderan como facer trampa para obter os puntos adicionais de benvida pero non soamente cando se rexistran (para o que están pensados) senón sempre que quixesen! Non vos imos dicir como o fan, porque aínda non tivemos tempo de solucionalo, pero a estes usuarios hai que darlles cando menos un premio á astucia!
-
admin
Despois dunhas semanas de parón nas que nin tan sequera puidemos actualizar a leria da semana, empezamos a espreguizar o asunto e entreoutras maneiras de promocionar a nosa rede semántica para galegos, vimos de infiltrarnos no Feisbuc este do carallo. Aínda que os listos deles rexeitaban usuarios apelidados “punto com”, vin de poñer algún recoñecible e xa nos tedes no web da competencia mundial para atraer a galegos que queiran fedellar en galego nunha rede galega. Que carallo!
-
etiqueteiro
Durante esta pasada fin de semana a nosa Rede Social Semántica, eTIqueTAL.com, superou o medio milleiro de usuarios. Grazas a todos os que estades a participar nesta nova andaina por facer posible este medre! Que sega a medrar e que segamos a coñecer nova xente coma nós!
-
etiqueteiro
Nesta versión publicada hai uns intres, amañamos algúns problemas na visualización dos miniavatares nas páxinas de Ver as visitas feitas e realizadas porque non saían correctamente. Tamén engadimos a visualización dos usuarios conectados na marxe dereita dalgunhas páxinas onde aínda non saía.
-
etiqueteiro
Vimos de subir unha nova versión que mellora o listado de usuarios por etiqueta. Agora sae ben paxinado, sen atoparmos páxinas baleiras e sen termos que pasar todas para ver todos os usuarios.
-
etiqueteiro
Parece ser que algúns usuarios non daban atopado cantos tiques tiñan (está indicado na columna esquerda da páxina “Ti”, sección “Os teus números”) así que fixemos uns retoques no CSS para que se vise mellor. Grazas a satna pola pregunta que nos levou a ver a conveniencia desta mellora!
-
etiqueteiro
Vimos de amañar un erro que impedía que os tiques (os puntos que ten cada usuario/a no eTIqueTAL se actualizasen convintemente. Agora xa habedes notar a evolución diaria destes marcadores. Pregamos desculpas polo erro.